FIN DE CURSO 2016-2017
23 Venres Xuñ 2017
Posted NOVAS
in23 Venres Xuñ 2017
Posted NOVAS
in29 Mércores Mar 2017
Posted NOVAS, XOGOS TRADICIONAIS
inRematou o torneo de brilé e, case como todos os anos, gañou un equipo que non tiña máis partidos gañados pero que non tiveron ningún conflito. Esta XII edición do torneo desenvolveuse sen problemas serios pero con algunhas diferencias de criterio, como é normal en situacións de xogo. Parabéns ás/ aos participantes e o meu agradecemento para Laura e Marina que o fixeron moi ben no seu labor de axudantes.
13 Luns Feb 2017
Posted NOVAS
inEtiquetas
O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e a non Violencia. Con tal motivo empezamos o tradicional Torneo de Brilé do noso cole, que xa fai o nº 12. Son 12 anos seguidos intentando solucionar os conflitos a través do diálogo.
Na presente edición hai un total de 6 equipos ( con nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º) e 3 colaboradores/as. Os recreos énchense de emoción, berros de ánimo e un gran ambiente.
14 Luns Nov 2016
Posted DINAMIZACIÓN, NOVAS
inhttps://www.youtube-nocookie.com/embed/2oxh8AkYBOU?rel=0
Grazas á Sociedade Xuvenil Galega de Química todos os nenos e nenas do cole puideron aprender un pouco máis dos procesos químicos e a súa utilidade na vida diaria.
Fantásticas todas as actividades e a dedicación altruísta de Raquel, María, Miguel e Jorge. Moitísimas grazas!
14 Luns Nov 2016
Posted DÍA DO PEÓN, NOVAS, XOGOS TRADICIONAIS
inEstas son as imaxes da celebración do Día do Peón 2016 no noso cole. E agora a seguir bailando os nosos peóns!
09 Mércores Nov 2016
Posted NOVAS
inO luns, día 15, teremos a sorte de poder realizar un obradoiro participativo con todos os nenos e nenas do centro. Isto será posible grazas á colaboración desinteresada dos mozos e mozas da SOCIEDADE XUVENIL GALEGA DE QUÍMICA.
A actividade consistirá en:
1. Presentación do proxecto da SXGQ.
2. Experimentos participativos moi sinxelos, totalmente seguros e nos que participará todo o alumnado en grupos pequenos (Neve artificial, Bolas máxicas, Catálise, Tinta invisible, Fluídos, Densidade).
09 Mércores Nov 2016
Posted DÍA DO PEÓN, NOVAS
inEste venres é o día 11 de novembro, festividade do San Martiño e xa sabedes…
Polo San Martiño, peóns ao camiño! e Polo santo Amaro, peóns ao fallado!
Cada ano o noso alumnado espera con ilusión estas datas para empezar a bailar os seus trompos. Xa será a edición nº 12 que convoca Brinquedia!
Teremos un circuíto preparado para poder gozar das diferentes posibilidades que nos ofrece este xogo. Os máis grandes axudarán aos que están empezando, que é a millor maneira de transmisión.
E xa sabedes que vós, as familias, tendes moitas máis oportunidades para realizar este intercambio cultural entre xeracións. Non perdades a oportunidade!
12 Xoves Nov 2015
Posted NOVAS
inEtiquetas
Este é un resumo da magnífica xornada que puidemos gozar onte. O patio encheuse de rapazada xogando alegremente con este xoguete tan sinxelo como atractivo.
E agora… a seguir practicando!
09 Luns Nov 2015
Posted NOVAS
inEtiquetas
Temos a sorte de ter unha marabillosa biblioteca pública que organiza habitualmente actividades interesantes para toda a familia, neste caso ao redor da Ciencia. A electricidade e as reaccións químicas serán os obradoiros nos que vai participar o alumnado de 4º, 5º e 6º do noso cole. Para ter máis información destas e outras actividades científicas para nenos e adultos, preme na imaxe.
08 Domingo Nov 2015
Posted NOVAS
inO día 11 de novembro unirémonos á convocatoria de Brinquedia para celebrar a 11ª edición do Día do Peón. Estes días xa estamos metidos en faena para realizar un día intensivo durante o recreo do mércores 11 porque xa sabedes que… Polo san Martiño os peóns saen ao camiño. Supoño que moitos de vós estades decorando os peóns na casa e tamén fabricando algún de xeito artesanal. Seguro que a exposición que imos facer quedará impresionante. Podedes pasar a visitala a partir do mércores.
Nos blogues de 1º-2º, 3º-4º e 5º-6º podedes ir vendo imaxes das actividades que están facendo os nenos e nenas estes días.
entre la Creatividad y el Aprendizaje
Just another WordPress.com site
The latest news on WordPress.com and the WordPress community.